Lusso Accessibile

Bienvenidos a la portada

NACEMENTO

 

NOVAS

 

DISMACOR, nace como unha Asociación comarcal sen ánimo de lucro en Outubro de 2001 no Concello de Culleredo, presentando como obxetivo básico a inclusión de tódalas persoas con discapacidade na sociedade.

 

 

 


DISMACOR precísate

Buscamos voluntarios para participar en programas dirixidos a persoas con diversidade funcional.

Para saber máis premer aquí.

  

FILOSOFÍA DE DISMACOR

 

Programa de Musicoterapia

 

A Asociación xorde coa idea de que as persoas con discapacidade son persoas coma outras, cos seus dereitos e deberes, e teñen que ter as mesmas oportunidades que teñen todos. Na pretensión de que cheguen a desenvolverse para acadar os seus dereitos e vivir conforme os seus deberes como cidadáns, os pais e nais erixíronse en defensores dos mesmos, pretendendo que conten coas axudas necesarias para elo.

Por todo iso, víronse na necesidade de crear unha Asociación que poidese loitar por eles e dar desposta ás súas demandas.

E así xorde DISMACOR, froito da unión dun grupo de pais e nais preocupados pola educación, estimulación e integración dos seus fillos na vida social, por unha vida digna e unhas calidades mínimas con todos os seus dereitos e deberes.

DISMACOR aposta decididamente pola innovadora tarea de educar ós nenos/as e persoas con discapacidade no mundo no que viven e ó que teñen que adaptarse; tendo en conta que das posibilidades que teñan e das que lles proporcione a sociedade, dependerá a súa inclusión e o seu desenvolvemento como persoas autónomas e independentes.

O ámbito de actuación de DISMACOR ten a súa sede, ámbito de actuación e infuenza na Comarca das Mariñas Coruñesas (Concellos de Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Carral, Arteixo, Abegondo e Bergondo) e no Concello de A Coruña.

 

Voltamos a poner en marcha o Programa de Musicoterapia inclusiva para rapaces de 2 a 16 anos.

Para saber máis premer aquí

 

Programas de Atención Psicoeducativa e Logopédica a domicilio.

Para saber máis premer aquí.





“Dime e o esquecerei, ensiname e o lembrarei, involúcrame e o aprenderei”

Benjamin Franklin
(1706-1790) 

 

 


 



     

Esta páxina web tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar.  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Dismacor. Todos os dereitos reservados © 2009